Fontecova

Fontecova é o nome co que coñezo a un bosque que une as parroquias de Arins, O Eixo, e Marrozos, todas elas de Compostela. Unha pequena fraga moi frondosa onde predomi­nan as árbores autóctonas, como carballos, loureiros e castiñeiros.
É un lugar co que gardo unha gran proximidade, tanto a nivel físico como emocional. Coñezo este monte dende que era un cativo e recordo que sempre me pareceu un bo sitio para perderse, polo envolvente que se volve a paisaxe cando camiñas por el.
Malia que por Fontecova xa non é todo verde ( a vía do tren corta a fraga pola metade, e os eucaliptos comezan a formar parte da paisaxe ), o lugar segue a transmitirme unha sensación de forza e resistencia, conceptos que pretendo expresar nas imaxes.

copyright: © Runi Ramos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s