Marrozos son curiosidades IV (terra enxebre)

Ola recamaradas! A estas alturas calquer seguidor ou seguidora da recámara xa debería saber a debilidade que un servidor ten pola súa terra, aldea, parroquia e país. Aproveitando que en Agosto estivemos de festa non quixen deixar pasar a oportunidade de recuperar o ciclo de “Marrozos son curiosidades”.  Esta cuarta entrega leva por título “terra enxebre”.

Segundo o dicionario da Real Academia Galega, por enxebre entendemos todo aquilo  “Que é característico e propio dun país ou dunha rexión e que non está falseado, deformado ou mesturado con nada alleo”.  Definición que serviría tamén para enmarcar o tipo de fotografía que máis gusto de practicar. Encántame estar presente nos eventos, festas, reunións, certames… e inmortalizar todo aquilo que nos identifica como galegos, que nos fai únicos e diferentes, fotografía social sen máis.

Agardo que esta pequena introducción sirva para entenderes o resumo (en imaxes) que fixen das festas da Nosa Señora en Marrozos. Cultura popular e tradición. Bo proveito!

Marrozos é unha terra enxebre por varios motivos, pero traer a Treixadura o día grande das festas axuda a considerala unha terra aínda máis tradicional se cabe…

Terra Enxebre 1
Terra Enxebre 1

…foi algo que desconcertou a máis de un, sen dúbida,  pero para gustos inventáronse as cores…

Terra Enxebre 2
Terra Enxebre 2

…outros xa tiñan máis claro que o seu plato forte estaría no día dos xogos populares, co cal non importaba se tocaba Treixadura ou Panorama, o importante era durmin ben para chegar forte o último día da festa…

Terra Enxebre 3
Terra Enxebre 3

…a carreira de sacos infantil para involucrar a futura xente de Marrozos no mundo enxebre…

Terra Enxebre 4
Terra Enxebre 4

…que deu paso a carreira de adultos, onde se ve claramente como se conservan os veciñxs, para ben e para mal…

Terra Enxebre 5
Terra Enxebre 5

…Logo había que tirar pola corda, e a pesares da insistencia dalguns, cada un sabía ben con quen tiña que ir

– Ven con nós!

-Mais, para que? Se total ides perder…

Marrozos Enxebre-6

…Eu xa volo dixen…

Terra Enxebre 7
Terra Enxebre 7

…despois sería o turno das mulleres, solteiras contra casadas.. …máis algún extrano ser “axudando”…

Terra Enxebre 8
Terra Enxebre 8

…o campionato de arrebolamento de legoña rematou cando un dos nosos veciños  conseguiu meter o sacho na portería, somos xente moi salvaxe para certas cousas…

Terra Enxebre 9
Terra Enxebre 9

…Mención especial merece Antonio, o mesmo fai de fogheteiro que de animador da parroquia, que aparece durante innumerables anos na comisión de festas…

Terra Enxebre 10
Terra Enxebre 10

Espero e desexo que vos entretése un anaco esta publicación. Gustaríame mencionar e agradecer a Comisión de festas de Marrozos e a Asociación de veciños polo seu traballo, e porsuposto os veciños e veciñas pola participación  nas festas.

Saúde e tradición, parroquia.

Muiñeira de Santo Amaro -Treixadura-

© Runi Ramos 2015

2 Comments Add yours

  1. montse viqueira di:

    Genial….como sempre…e deches no clavo coas fotografias…a alma da festa e o dia dos xogos, onde se encontran os veciños e poden falar e cambiar impresions de como foi a festa..

    Liked by 1 person

  2. runiramos di:

    Graciñas Montse! A verdade é que si, da gusto cando se reune a parroquia. O ideal sería inventar unha excusa para reunirse máis a miudo, e non só os días da festa… 🙂

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s