Co Xesteiraso na retina

Ola recamaradas! O pasado mes de Xuño celebrouse en Marrozos o Xesteiraso Folk. A primeira edición dun evento que espero que se repita nos próximos anos. Unha festa chea de galeguidade e tradición na que gozei moito facendo fotos, principalmente por pillarme tan preto de casa, na miña parroquia.
Ata o de agora limitárame a publicar un álbum de fotos na páxina de facebook de A recámara (ver Xesteiraso Folk I), pero isto non me parecía suficiente. Quedeime con outros momentos e outras fotografías na miña recámara particular que hoxe aproveito para facer públicas. Son imaxes cun punto de vista moito máis curioso e persoal, cousas que me chamaron a atención e que posiblemente moita xente non tivo a posibilidade de ver “en directo”, posto que no momento en que se estaban a producir a vista debería estar fixada no palco para ver as actuacións.
Estas doce fotografías que veredes aquí, son o resumo máis particular e preciso que a miña retina puido facer sobre o que aconteceu ese día lonxe dos focos. Sobre as xentes que aquí aparecen dicir que son todos, ou case todos, veciños e veciñas de Marrozos. Puxen especial atención nos cativos alí presentes posto que serán eles os encargados de manter vivo este festival nun futuro, ou cando menos de manter viva a parroquia, que xa non é pouco.
Sen máis introducción, RuniRamos pensa que durante o Xesteiraso non puidestedes ver…

…que non todo o mundo quere ser fotografado nun evento público… “Merda! Este debe de ser o RuniRamos ese… mañan xa estou na recámara”…

Xesteiraso 1
Xesteiraso 1

…que o berro de Uxía me levaría a lembrarme dun dos famosos fotomontaxes de RodchenKo (ver Alexander Rodchenko) …

Xesteiraso 2
Xesteiraso 2

…Que Ximiela é un grupo que gusta de ter os pes no chan…

Xesteiraso 3
Xesteiraso 3

…que falando de composición fotográfica, o triángulo que formaban estas tres rapaciñas era perfecto…

Xesteiraso 4
Xesteiraso 4

… que había unha chuleta para axudar a manter a orde da actuación…

Xesteiraso 5
Xesteiraso 5

…que as pandeiretas de Ximiela formaron por un intre unha Torre de Babel…

Xesteiraso 6
Xesteiraso 6

…que entre un dragón, un rei, e un Nilo, había tres “Ramos” (a familia é o primeiro)…

Xesteiraso 7
Xesteiraso 7

…que non todo o mundo é capaz de divertirse en todolos momentos…

Xesteiraso 8
Xesteiraso 8

…que cando isto pasa nin o fotógrafo é quen de atraer unha mirada…

Xesteiraso 9
Xesteiraso 9

…que nin sequera o Sr Pazó quixo mirar a cámara mentras agardaba o seu turno…

Xesteiraso 10
Xesteiraso 10

…que a Beni, Sheila, Ana, Natalia, Carmen, Martiño, Begoña, Raquel, Paula, Olaya, Ariana, Esther, Candela, Cris C., Andrea, etc…  gústalles o Folk. Moitxs pasaron polo photocall do Xesteiraso mais non todxs deixaron a súa sinatura…

Xesteiraso 11
Xesteiraso 11

…que toda festa galega remata ou vai acompañada nalgún momento da gastronomía, o comer é moi importante.

Xesteiraso 12
Xesteiraso 12

Agradecer a toda a xente que dalgunha maneira participou neste evento, así como tamén os artistas de Ximiela Louro, O Ghusto do Boi, A.C. Rosalia de Castro (Cacheiras), e a Cándido Pazó. Mención especial para o grupo Pena Maior e para a Asociación de veciños de Marrozos por ter organizado dito festival. Un saúdo a todxs!

© Runi Ramos 2015

3 Comments Add yours

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s