Marrozos son curiosidades III (entrever)

Ola recamaradas! Estamos a mércores, o día do medio. O día de entrever que se achega o fin de semana pero sen deixar de entrever que antonte foi luns. O día número tres da semana, o mellor día para presentar unha terceira parte.

Seguindo co ciclo de “Marrozos son curiosidades” (non sei cando rematará) quería animarvos a entrever. Podedes facelo a través da miña cámara e as miñas verbas, ou ben deixando voar a vosa imaxinación e interpretando as fotografías a vosa maneira. Si elixides a primeira opción non tedes máis que ler e seguir este artigo ata o seu remate, aínda que eu elixiría máis ben a segunda, posto que non todo o que conto son verdades corroboradas. Son cousas da miña visión e da miña imaxinación, digamos que son “entreverdades”.

Ó igual que nos artigos anteriores referentes a Marrozos veredes curiosidade, documentación, e algo de repetición. Son un total de dez fotografías feitas en dous días distintos, dúas saídas das moitas que fago pola parroquia adiante.

Sen máis introducción deixovos a miña terceira interpretación sobre este fermoso, e para min tamén nativo, lugar. Entrever.

Pódese entrever que Marrozos ten ou tivo unha canteira…

Entrever 1
“CANTERA DE LOS COTOS”

…tamén creo entrever que un peregrino é algo así como un “animal de costumes”. É suficiente con que o primeiro que pase deixe unha pedra no lugar axeitado para facer dun xesto un ritual ineludíbel…

Tramo da Vía da Prata entre as aldeas de Ardagán e Aldrey
Tramo da Vía da Prata entre as aldeas de Ardagán e Aldrey.

…sentir ganas de achegarte para ver, para curiosear… ; Deterte porque alguén te podería estar entrevendo…

Entrever 3

…Consigo entrever que Marrozos xa non só ten un terreo para a práctica do fútbol, agora dispón dun campo preparado para xogar tamén ó fútbol americano…; para ben e para mal, a globalización avanza a mil por hora…

Entrever 4

…podemos entrever se queda alguén dentro do *casino vello mentres que a crecente e abundante vexetación o permita…

Na miña parroquia, e constame que non é a única, denominamos o local socio-cultural como
Na miña parroquia, e constame que non é a única, denominamos o local socio-cultural como “o casino.

…non sería a primeira vez que a vexetación se ocupa de tapar ocos para non deixar entrever nada máis que o paso do tempo…

Entrever 6

…sería posible saber si está o cura dentro da igrexa con só escalar pola parede a arrimarse a unha das pequenas fiestras do “santo” edificio…

Entrever 7

…mais eu non me arriscaría a sufrir unha caída podendo entrever (sen separar os pés do chan) quen está ou deixa de estar na devandita igrexa, a través da pechadura da porta…

Entrever 8

…creo entrever que entre o cruceiro e o campanario hai a suficiente distancia como para que a miña lente me faga ver torto un dos dous elementos…

Entrever 9

…podo entrever e vexo que estamos en período electoral, todavía reluce a grava en cuestión.

Entrever 10

Agardo que vos resultáse cando menos entretido este artigo. Non vou pechar o ciclo de Marrozos nin das súas curiosidades, pero si penso que tanto a parroquia como eu precisamos dun respiro. Intentaremos para o que queda de mes traer para a recámara historias e fotografías doutros lugares. Apertas!

© Runi Ramos 2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s