Marrozos son curiosidades II (é todo recto)

Ola recamaradas! Quería contarvos a segunda parte desta “fotohistoria” antes do comezo da festa, asique tiven que apurar un pouco pero chego a tempo. Seguimos no mes de maio, seguimos na parroquia de Marrozos, seguimos na procura de curiosidades, e seguimos na recámara de Ramos. Para os despistados direi que maio é o quinto mes do ano, para a xente estranxeira direi que Marrozos está en Santiago de Compostela, para os aburridos direi que sen curiosidade non somos nada, e para os desubicados direilles que xa están na recámara de Ramos.

E agora diredes que por que me repito tanto… ¿Ramos esgotou a inspiración? Non, Ramos presenta hoxe un exercicio de repetición e estáse a meter no papel. Ó igual que na publicación anterior aqui tamén atoparedes humor, curiosidade, e documentación; pero antetodo repetición, a repetición da mesma expresión unha e outra vez. Expresión convertida en frase pero previamente visualizada en forma de sinal, de camiños, de liñas horizontais e verticais, de terreos de xogo, etc. Cousas da miña cámara.

Uns cantos días percorrendo a parroquia cámara en man, non sei cantas horas diante do ordenador visualizando fotos, para darse conta nun intre de que en Marrozos é todo recto! Da igual onde vaias, da igual para onde mires, da igual onde dispares, da igual ó retorcida que sexa a túa mente; en Marrozos é todo recto e punto.

Escollín dez fotos para amosar e contrastar a miña teoría. Agardo que as vexades e opinedes sobre o tema, aínda que non se vos chegue a cuadricular a visión tanto como a min.

Todo comeza aqui, resulta que tódalas aldeas están na mesma dirección, aparte de ser todo costa arriba é tamén todo recto…

Marrozos II 1

…podémolo ver dende outro dos puntos máis emblemáticos de Marrozos, a temida e coñecida por todos como a subida da Pajuela. É todo recto…

Marrozos II 2

…Supoñendo que queiramos subir sobre pista asfaltada, porque poderíamos ser máis atrevidos e facelo campo a través; íbache ser todo recto de todas maneiras…

Marrozos II 3

…retomando o camiño inicial que xa non é tan costa arriba neste punto, pero si segue a ser todo recto…

Marrozos II 4

-¿Imos ben para Santiago?
– Sí, é todo recto.
Perdoade o inciso pero é que somos parte da vía da Prata. Nestas datas son habituais este tipo de encontros, pero mellor non liarse. A relación de Marrozos ca vía da Prata pode dar para outra publicación perfectamente…

Marrozos II 5

…Bueno, non vou explicar o que é o silo, tan só recalcar que intentamos deixalo ben aliñado e todo recto…

Marrozos II 6

…que tamén temos un palco, que como tódolos palcos de formigón deste país quedou obsoleto e relegado a un segundo plano, pero velaí o está, todo recto él…

Marrozos II 7

…ademáis dun campo de futbol sala, tan reglamentario como todo recto tamén…

Marrozos II 8

…por non falar do noso campo de fútbol, o mesmo está de cor verde que de cor máis areoso, todo depende da estación na que nos visites; mais sempre estará todo recto…

Marrozos II 9

…Para rematar elexín a cantina da comisión, posto que é posible que esta publicación nos leve a discusión e a confrontación veciñal, o carro paréceme un dos mellores escenarios para arranxar e despexar debates e dúbidas; sen olvidar que tamén é todo recto.

Marrozos II 10

Moitas grazas por ler e aguantar as miñas historias, non pretendo facervos ver o que non é, para iso xa está a televisión. Tan só amosar o sitio onde nacín a base de curiosidades, que por certo espero atopar algunha máis…
Saúde e boas festas, parroquia!

© Runi Ramos 2015

5 Comments Add yours

  1. Ana G. di:

    Gústame a tua peculiar forma de describir a parroquia: “Marrozos é todo recto e punto”. Pero o que mais que gusta é ver a nosa aldea tan ben retratada, son unhas fotos moi bonitas. Noraboa!

    Liked by 1 person

    1. runiramos di:

      Moitas grazas! Alégrome moito de que che guste. Un saúdo Ana!

      Gústame

  2. F. Pazos di:

    Con todo o respeto e cariño do mundo discrepo contigo no de que: “En Marrozos é todo recto”,, porque afortunadamente non o é……..
    Saúdos meu rei!!!!!!

    Liked by 1 person

    1. runiramos di:

      Jaja… Sería moi aburrido se fose así na realidade. Claro que non o é. Saúdos!

      Gústame

  3. mari castelao di:

    preciosas fotos e maravilloso o escrito ,tes un moi bo ollo pas fotos e moita imaxinacion ,todo recto,, jajajajaj

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s