Marrozos son curiosidades I (Pico Sacro)

Ola recamaradas! Estamos en maio, o mes da primavera, das flores, e tamén o mes das festas de Marrozos. Por este último motivo, máis porque un servidor naceu, criouse, e vive nesta bonita parroquia de Santiago de Compostela, adicarei estes primeiros días de maio a contar historias sobre Marrozos. Como sempre serán historias que se lle ocorren a miña cámara e que eu represento, ou trato de facelo, como mellor sei.

Nesta primeira entrada de maio quero ensinar a relación que existe, ou parece existir entre a nosa parroquia e o Pico Sacro. Quixen retratar algunhas das cousas que podemos facer por aqui co famoso Pico observando dende o fondo, nunha mistura de humor, curiosidade, e documentación. Son case todas fotografías feitas neste pasado fin de semana, agás unha que se trata dunha foto de arquivo. Concretamente unha fotografía nocturna que fixen fai algún tempo pero que quixen rescatar para esta publicación.

Podes columpiarte mirando o Pico…

Marrozos-Pico 1

…facer ximnasia ou exercicios varios con vistas o Pico…

Marrozos-Pico 2

…sentarte, curiosamente, de espaldas o Pico…

Marrozos-Pico 3

…pasar en tren sen perder o Pico de vista…

Marrozos-Pico 4

…e como tódalas relacións teñen un fin. Esta, que foi tan breve como intensa, remataría ca posibilidade de enterrarte nun cemiterio no que o teu nicho podería estar orientado cara o devandito Pico…

Marrozos-Pico 5

Agardo contar máis cousas sobre este fermoso lugar en vindeiras publicacións. Recordovos que agora tamén podedes seguir a recámara tamén a través do Facebook https://www.facebook.com/arecamaraderamos

Apertas!

© Runi Ramos 2015

2 Comments Add yours

  1. Montse di:

    Encantanme estas reflexions que fas sobre o pico sacro…a verdad e que ainda que non o parecca e un punto de vista moi importante para as xentes que habitamos esta parroquia, que incluso me atreveria a decir, que a vista tira mais cara ese lado, que para o outro, onde tod@s, pousan as miradas, nas torres da catedral…

    Liked by 1 person

  2. el verano pasado visite o pico sacro despues de muchos años y fue una esperiencia inolvidable

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s