Festival do leite 2016

Ola recamaradas! Deixo por aqui unha galería de imaxes do Festival do leite 2016.

 

Agardo que vos gustasen as imaxes; ata outra!

  • Texto e foto: Rubén Nieves Ramos (RuniRamos)

Antón na recámara

Ola recamaradas! Esta entrada pretende contar, con máis imaxes que palabras, a chegada de Antón a recámara. Isto non é nada doado porque son moitas as sensacións, e tamén a aprendizaxe, que un pode extraer despois de traballar con un bebé de 9 meses, e resulta curioso que despois de aprender tanto nunha sesión de fotos non sexas capaz de explicarllo ao protagonista, quizáis por iso preciso explicarme aqui.

Considero clave nesta sesión a elección da contorna, estamos no parque Eugenio Granell (Compostela), en Agosto, nun deses días propios de Santiago onde as nubes fan ben o seu traballo e converten esa luz dura do verán nunha luz difusa coa que da gusto traballar. Se a isto lle sumamos que o comportamento do noso cativo é excelente, integrándose rapidamente na contorna e sen medo a quedar só, pois xa temos o cóctel completo.

A partires de aqui só queda comezar a facer as fotos e aplicarse un pouco de paciencia para elixir os mellores momentos, e insisto no da paciencia porque penso que é unha cualidade que todo fotógrafo debe de buscar. Na seguinte galería de imaxes desta publicación veredes unha selección dalgúns deses instantes.

Agardo que vos gustase o resultado tanto como a min me gustou o proceso para chegar ao mesmo, especialmente agradecido a María e Ángel pola confianza depositada en min.

E a propósito da paciencia…

…hai ocasións nas que todo é cuestión de sentarse e observar…

anton_sesion_runiramos-12

  • Texto e foto: Rubén Nieves Ramos (RuniRamos)

Marrozos son curiosidades V (Agosto 2016)

Ola recamaradas! En Marrozos temos 3 días de festa en verán que se corresponden cos días 15, 16, e 17 de Agosto. Aproveito que está rematando o citado mes para publicar unhas imaxes que resumen a festa deste ano, dende o meu punto de vista, e digo resumir porque contalo todo sería imposible debido o gran número de actividades que houbo nestas festas.

Veredes nesta entrada 3 galerías de fotos, unha por cada día, onde me centro principalmente en retratar as persoas, que para min é o único verdadeiramente importante que teñen as festas, a xente. O resto son excusas que nos inventamos, con maior ou menor acerto, para reunir esa xente.

Feita a introducción, só me queda desexarvos que miredes estas fotos ca maior calma que o voso tempo e a vosa “conexión” volo permita, bo proveito!

O día 1 serve como toma de contacto, elixes a posición na cantina que vas ocupar o resto dos días, segues a actuación de Pena Maior, acostumas o corpo a estar de festa, esas cousas…

O día 2 entran na liza os xogos populares, para adultos e cativos.

No día 3 os xogos populares dan paso aos xogos extremos, cando as forzas xa non son as do primeiro día de festa.

Estaría ben volver a vernos o ano que ven, mentres tanto toca estar orgulloso do que xa levamos bailado…

  • Texto e foto: Rubén Nieves Ramos (RuniRamos)

Alba de Gloria / Pico Sacro. 2016

Ola recamaradas! Rescato unhas imaxes dunha das últimas visitas que fixen ao emblemático Pico Sacro. Concretamente estiven nun acto de celebración do día da Patria Galega, que consiste na lectura pública do Alba de Gloria de Castelao dende o cumio do Pico.

A federación Galiza Cultura ven celebrando esta conmemoración dende o ano 2011, a través das asociacións “Vagalumes” da Estrada e O Galo de Santiago de Compostela, a día de hoxe este acto carece de recoñecemento oficial por parte da Xunta.

Agardo que vos gustase a reportaxe, o Pico Sacro será sempre fotoxénico.

  • Texto e foto: Rubén Nieves Ramos (RuniRamos)

Festigal 2016

Ola recamaradas! Deixo por aqui unhas fotos do meu paso polo Festigal, un festival que serve de escaparate para a cultura galega e que organiza cada ano Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre.

As imaxes corresponden os concertos de Poetarras e Kepa Kunkera & Sorginak, na noite previa o Día da Patria Galega, bo proveito!

Agardo que vos entretése un anaco, sempre é un pracer para min facer apoloxía da música!

  • Texto e foto: Rubén Nieves Ramos (RuniRamos)

Un día, 5 momentos sagrados.

Ola recamaradas! Hoxe publico unha pequena reportaxe que fixen sobre o mundo das tatuaxes, onde trato de facer un resumo da rutina e da vida dun estudio. Elixín para a ocasión os dous estudios que Sagrado Corazón Tattoo  ten en Compostela, tanto por proximidade como por afinidade.

Para contar a vida de Sagrado selecciono 5 momentos, ben é  certo que podía ter escollido algun máis, pero considero que a principal labor dun fotógrafo debe ser a de seleccionar, escoller, e sobretodo descartar. Especialmente na época onde semella que todo se valora máis pola cantidade que pola calidade.

A maioría das fotos que vexo, e vin, sobre estudios de tatuaxe son bastante semellantes, os tatuadores e as máquinas traballando, os tatuaxes recén feitos, os seus deseños, etc…; digamos que os estudios de tatuaxes son uns lugares onde un fotógrafo “goloso” podería fartarse a crear imaxes con potencia visual.  Eu tratei de escapar un pouco diso e ensinar a vida da tenda con normalidade, como calquer negocio que ten un horario de apertura, outro de peche, e unhas persoas que actúan con roles diferentes dentro do mesmo equipo.

Momento 1. A partires das 11:30 a tenda comeza a funcionar.

Nieves_Rubén_Ex07_tattoo_F01

“All day open”. Mike

Momento 2. Diego e Mike, novas tintas.

Nieves_Rubén_Ex07_tattoo_F02
“Colour”. Diego & Mike

Momento 3. As citas e os traballos.

Nieves_Rubén_Ex07_tattoo_F03
“Tattooing”. Dani

Momento 4. Pierre e as casas reais.

Nieves_Rubén_Ex07_tattoo_F04
“Walk-ins welcome”. Pierre

Momento 5. Final do día. The “dark artists” back home.

Nieves_Rubén_Ex07_tattoo_F05
“Dark artists”. Dani & Mike

Agardo que esta historia vos entretése un anaco, que a tinta sexa con vós.

  • Texto e foto: Rubén Nieves Ramos (RuniRamos)

Co Xesteiraso na retina II

Ola recamaradas! O pasado mes de xuño celebreouse a segunda edición do festival folk de Marrozos. Ao igual que fixen o ano pasado Co Xesteiraso na retina I, desta volta tamén estiven a quitar fotos polo Xesteiraso.

Alén dalgunhas imaxes xa publicadas no facebook, comparto aquí unha selección definitiva coas fotos que considero que mellor contan a festa.

 

O Xesteiraso Folk é un festival organizado polo grupo de baile Pena Maior de Marrozos, e que conta coa colaboración da Asociación de veciños e da Comisión de festas da mesma parroquia. A miña aportación redúcese a contar e deixar rexistro do que vexo neste evento, onde a música,  a tradición, e as persoas, son protagonistas. Vémonos pola terceira edición!

  • Texto e foto: Rubén Nieves Ramos (RuniRamos)

Fotografía en galego

%d bloggers like this: